Dienstag, Mai 15, 2007

NACE A PRIMEIRA TRIBU SALVAXE DE FANS DA RANDEEIRA....

Nun intre no que o PzTG ía facer pública en plena campaña electoral a súa primeira práctica corrupta referido ós postos de enterrador en varios cemiterios galegos , un feito absolutamente transcendental e de gran calado emocional e político acaba de acontercer na vida de moitos ciber-alieníxenas desorientados, ise referente dentro do novo xornalismo galego que cada mañá se arrandeaba co seu tan particular e diferente valaceo , acaba de anunciar o cese de ostinidades. Maldita sexa a puta que pariu todo, ZIMMER103 é isa vella enloitada que chora enriba do cadaleito, pero por descontado que isto non vai quedar así, buscaremos coma cans de presa adoecidos a donde se dirixe o espíritu do neno da randeeira para xunta el continuar sempre cos maravillosos delirios empapados en extremecedor suor frío. E para iso ZIMMER103 xa dispuxo a todo o seu exercito de enterradores corruptos con pico e palas para a apartir iniciar de hoxe iniciar a tarefa de desenterramento , nace a primeira tribo de fans da Randeeira que preparan xa as súas primeiras accións........únete ó grande exercito dos desenterradores de plumas e brosas!!