Mittwoch, Mai 02, 2007

AU REVOIR!!

Xavier Campos , o chatarreiro da non terra retransmítenos dende un zulo enmoquetado do Quebec as espectaculares impresións que lle producen a escoita da terrorífica pastilla deslizada sobre o xeo de Grozni.....Brutal a nosa intervención sonora nos Ouveos da Noite. No hotel Le Nouvel de Montreal houbo unha conmoción cando na planta baixa o acceso a Internet posibiltou que a pandilla de negros émulos de Jay-Z que estaban a piques de saír de marcha vestidos cos seus traxes máis horteras escoltasen o inicio de Radio Rahim a todo volume. It´s good brother! Intres máxicos propiciados polos francotiradores clandestinos do Corpo a corpo, situacionismo galego do século XXI. E un descubrimento, o grupo hip hop LOCO LOCASS co seu hit “Le Québec est mon pays”. Coa paixón dos días vividos nas rúas de Québec e Montreal onde me fixen un pouco máis francófono e cos subidnos de café malo de Starbucks e os partidos de hoquei xelo nen todas as putas canles de tv, soñei novamente a carraxe invadindo o país con partidos internacionais de billarda e sons galegófonos explorando as fronteiras do tempo e do espazo. Saúde e pátria desde os latexos quebrados do drum´n´bass quebeqois. AU REVOIR!