
Dende o ardente xeo da nosa pista de hochey sobre pés descalzos delíznase impulsadas polo stick do chatarreiro da carraxe dúas marvillosas pastillas pop con acento francés que dende a cidade da Montreál ameazan con envelearnos nistas datas de encarcelamentos e ilegalizacións masivas. Invadidos aínda pola luxuria do último traballo dos nosos admirados souvenir , ista non redacción treme coas novas achegas francófonas chegadas dende terras da Norte América máis civilizada,
Karkwa e
Tricot Machine son referencias ineludíbeis enviadas polo noso
sherpa da carraxe despreazado ate Quebec para descubrir as novas sonoridades do nosa tribu irmán francófona.
Pantoja , Pakirrín........Pas fait en chocolat!!