Mittwoch, April 04, 2007

O MAQUI DOS PROTÓNS INAUGURA AS PLATAFORMAS ELECTORAIS DO PzTG......

Espectacular resposta ó berro do PzTG (Partido Zulú das Terras Galegas) para configurar as súas plataformas electorais para istas vindeiras eleccións municipais. Dende o concello de Mondariz , zimmer103 apresenta públicamente a Francisco Muñoz, iste home angustiado e aldraxado por Fenosa pola presencia de postes de alta tensión fronte á súa casa que lle mata os pitos , cégalle os cans e lle contamina a auga que bebe deu un paso ó frente e vai encabezar unha lista do PzTG plagada de xabaríns salvaxes e cans cegos e na que polo momento Francisco é o único ser humano. Unha enviada especial dista non redacción captou en exclusiva as primeiras verbas do flamante primeiro cabeza de lista do PzTG , escoita aquí o seu primeiro mitin!!