Freitag, März 30, 2007

O PzTG ( Partido Zulú das Terras Galegas ) BUSCA CANDIDATOS !!

A nova corrente imposta polo BNG referente ó look que deben lucir os seus candidatos a alcaldables impide que xente coma Yu Zhehuan , o home máis peludo do mundo poidan obtar a unha alcaldía por ista opción política, a nova imaxe imposta polos órganos dirixentes impide levar barba e no caso de levara levala ben rasurada, é iste só un pequeno exemplo da operación cambio radical que dende fai uns anos se ven experimetando no bloque e que segundo a propia A Nosa Terra afirma está a converter ós candidatos dista opción política nunha especie de asquerosos novos ricos . Nun intre de incertidume absoluta no panorama político zimmer103 continúa apostando por unha opción independentista que xa apoiou nas pasadas eleccións nacionais, o PzTG ( Partido zulú das Terras Galegas) liderado polo camarada Brais volta a porse en marcha polo que busca candidatos e candidatas dispostos a asaltar as casas consistoriais dos concellos da Galiza, ti podes ser un dos nosos candidatos na nosa espectacular campaña electoral enviándonos unha foto na que esteñas feito unha auténtica merda, cheo ou chea, poteando ou mexando na rúa, isa é a imaxe de cercanía que dende o PzTG queremos transmitir ós milleiros de potenciais votantes que temos arrimados nas de barras dos bares e dos clubes do país.