Freitag, April 20, 2007
COUCES E ORNEOS CONTRA A EXTINCIÓN!!
Coa chegada do bo tempo , Galiza troca o seu biorritmo e troca de alimentación, froitas , ensaladas e demáis productos da horta do río e do mar invaden as nosas mesas no canto dos cocidos e callos que tanto nos saben, nun intre no que son case duascentas as especies en extinción no noso país , temos que ter moito cuidado co que lle metemos ó dente . E distas 200 especies sorprende que o único mamífero que apareza nista lista sexa o oso pardo, un animal que ningún dos membros dista non redaccoón tivemos aínda a sorte de probar, e iso que somos habituais da rede galega de restaurantes ilegais , sorprende pois que non apreza ó carón do oso pardo o burro fariñeiro, un animal en perigo de extinción que está a voltar a agromar por mor da gran tarefa de recurpración que está a facer A.BU.FA ( Asociación do Burro Fariñeiro ) con sede en Brión.