Freitag, April 20, 2007

Cataluña é pioneira no tratamento contemporáneo en tarefas de recuperación diste animal, o núcleo zoolóxico de Olvan, na comarca do Berguedà, colgou no seu web fotos de 150 exemplares de burro catalán de Fuives que están á venta , por 2000 euros podes mercar un distes animais , e non só isto , a asociación gastronómica La Xicoia de Sort (Pallars Sobirà), organizou fai uns meses unha gran cea degustación cuxo plato central foi o estofado de burro catalán para promocionar o seu consumo. Nisa cea consumíronse dous machos sacrificados o día antes , segundo declaracións de Jaume Mora , presidente de La Xicoia a ista non redacción , a carne de burro é moi similar á de cabalo pero un pouco máis doce. Espectacular iniciativa a distes irmáns cataláns que xuntaron a máis de 500 comensáis pondo así a primeira pedra para a celebración anual do festa do ruc. Dende zimmer103 orneamos fondo para que na Galiza se den pasos similares e poidamos disfrutar da , de seguro saborosa carne de burro fariñeiro contribuíndo así á súa recuperación e consevación. Niste tempo de troco de biorritmos couces e carne de burro nas nosas mesas de praia!!