Dienstag, Februar 27, 2007
SERÁ PARÍS OU SERÁ PIGALLE....
Na mentras o mestre Carlos de Projecto Mourente verte a súa maxia nos seus recén estrados regos escritos e na mentras que a serpe SONO-TONE muda de pel , enteirámonos nista non redación de que as dúas irmas Cocorosie preparan xa a publicación do seu novo traballo, será o exilio parisino coma xa lle pasou a Jarvis Cocker o que imprime ise carácter tan particualar á obra distes artistas saxóns? Galiza segundo o polémico artigo sobre o bravú publicado polo País iste pasado venres tamén sufríu o enfluxo dista cidade nas súas propias carnes, xa que foi un grupo formado nun garaxe da capital francesa un dos principais motivos para o nacemento do bravú, ise movimento para algúns habitantes das urbes de hoxe tan retrógado e excluínte.