Pese a que o burro vello no que habitualmente se despraza o gran patriarca da carraxe xa estaba preparado e coas angarellas postas para achegarse ate os escombros de confusión dos estudios Grozni, importantísmos disturbios no seu poboado por mor dunha descomunal redada policial fixeron imposíbel a asistencia fronte o cueiro de Ouveos na Noite diste mítico chatarreiro de sangue criolla e ollada metálica. Moi atentos pallos , porque o himno da non terrra pode soar en calquera momento. E como a maquinaria dos ouveos estaba disposta para o asalto , algo terríbel pode resoar istes días.........