Montag, November 20, 2006

SE EU FORA LOBO...

No que vai de ano contabilizáronse na galiza 194 ataques do lobo á xente , todas elas sen contar claro está as terribles envestidas do podcast producido nos estudios Groni e emito pola frecuencia de zimmer103 coa que estas conectando. Son varias as parroquias coma as de Vilaúxe ou Nespereira no concello de Portomarín ou as de Líncora e Milleirós en Chantada e Carballedo que conseguiron permiso para realizar batidas contra o cannis lupus sendo istas concedidas en plena tempada de caza menor cando os montes están infestados de cazadores e cans facendo que os lobos se tornen aínda máis desconfiados e ate case invisíbeis. Todo isto fai que moitos se replantexen o programa de repoboación do lobos nos montes galegos, dende zimmer103 facemos unha chamada a Patxi Andión, o crooner que cantaba si yo fuera mujer , escritor e guionista recentemente elixido novo director da escola española de caza para tratar de iniciar o tan desexado proceso de paz entre lobos e cazadores, coma representante nas ondas do poder lobino quero propor unha mesa de partidos no que animais e homes previo abandono das armas distes últimos poidamos dialogar e chegar a un acordo para a convivencia pacífica entre os toxos. Zimmer103 pola creación dun marco xurídico legal para a libre circulación dos lobos e lobas dentro do territorio galego, Touriño , Quintana , non sentides os ouveos....?