
-Qué música facedes desde ZIMMER103?
-Eu defínoa como electro-folk alieníxena galego. A moita xente gústalle máis o concepto que a propia música. É case a unión do home e a máquina , combinando guitarras , birimbaus e teclados de xoguete con aparellos electrónicos.
-En qué traballástedes ate o momento?
-Sacamos iste Ep de cinco cancións titulado Hatt Trick despois de no verán editar un single xa clásico dentro de underground galego titulado a min non t b´s que recuperamospara hatt trick que coma un bo disparo de billarda combina a forza e precisión necesaria para romper co establecido.
-Onde podemos escoitar ista cancións?
-Está colgado no web da Regueifa Plataforma, que distribúe música pola rede. O formato físico ten os días contados , o presente está na distribución pola internet.
-Logo non tes problema que te pirateen........
-Ao contrario, débenme piratear ó igual que eu pirateo. Este formato é o máis barato, cómodo, universal e rápido. Podo compoñer un tema na cociña e en pouco tempo pode escoitalo todo deus.
-Segués tendo os mesmos seguidores ca antes?
-Non me plantexo esto como unha contunidade entendida no seu senso tradicional. Son un francotirador que distribúe música por doquier. Moitos dos que me escoitan hoxe non saben nin se imaxinan que fun un Skornabois.