Mittwoch, November 22, 2006
O CROUPIER DA CARNE FRESCA....
Indiscutíbelmente e dun xeito absolutamente natural o tema pertencente ó Ep Hatt Trick de ZIMMER103 titulado a pöxa estase a converter nun espectacular single que está arrasando nas pistras de baile de todo o terceiro mundo. Zimmer103 estrea espazo en myspace con ista espectacular creación que contou coas voces dos chamados Carniceiros de Plutón, dúo que coma uns Pimpinela do século 21 souberon acoplarse ás tremendas exixencias vocais dista desconcertante peza donde, sen lugar a dúbidas, o gran atractivo da mesma radica no desconcertante sampler do chamado croupier da carne fresca. Popularme intitulada coma a pöxa das linguas iste tema refliste unha máis que candente actualidade, por unha banda os nosos irmáns indíxenas paraguaios acadaron o recoñecemto internacional do guanarí, o idioma de seu que ó igual que o noso sobrevivíu ó exterminio xenocida dos españois e que agora falado por uns 7 millóns de persoas repunta e consolídade entre a populacón paraguia, noutra banda asistimos de novo ó goteo continuo de novas sobre o nome do galego falago nas terras do eo-navia, recomendamos á ALLA que no canto de idioma eo-naviego cheguemos a un acordo denominando lingua guaraní do cantábrico á fala utilizada por istes asturianos de idioma galego. Dende zimmer103 queremos por un pouco de cordura e agasallar a toda a comunidade internacional de mandrís adoecidos que cabalgan nistes regos escritos cunha espectacular receita de lingua de xato ou de garañón dos montes galegos para que ó igual que o croupier da carne fresca destribúe linguas no casino da miseria , todos vós , ludópata do desexo, poidades degustalas de xeito pleno.