Donnerstag, November 16, 2006

AS MAFIAS DA PEDRA EN LABRADA!!

Periodicamente vimos denunciando dende o regos escritos de zimmer103 os diferentes xeitos de especulación ilexítima que se fan cos terrenos, non fai moito falabamos dos abusivos prezos dos nichos e o caro que está morrer nos días de hoxe, pero como todos sabemos para unha en vida en plenitude os chuletóns de xato son un manxar que periódicamente debemos de degustar e a poder ser facelo no Restaurante Niza de Abadín. Nunha parroquia diste concello lugués chamada Labrada, estase a producir un especluznante abuso de poder e tráfico de influencias que dende zimmer103 queremos denunciar, unha canteira esta a explotar de xeito savaxe e ilegal un monte protexido e de propiedade comunal pasando por riba das protestas dos veciños que cando eles queren rozar ou cortar unha cana dunha árbore teñen que solicitar permisos e realizar todo tipo de trámites burocráticos e cando unha industria absolutamente depredadora se instala impunemente na zona para aniquilala, nen a Xunta nen medio ambiente di nada. Zimmer103 apoia ós veciños de Labrada, moito se fala das mafias do ladrillo pero dende zimmer103 queremos alertar da espectacular magnitude das contratacións de ilegais e desfeitas no entorno que se están a producir por istas salvaxes mafias da pedra.