Montag, Oktober 16, 2006

A NOVENA DOS VISÓNS...

Ate ista non redacción aínda non chegaron ningún dos visóns ceivados ista fin de semana , se días antes falabamos da necesidade urxente de formación de granxas para a cría e reproducción do cervo-rato coma alimento no caso de ataque nuclear , istes días atopámosnos coa solta distes visóns americanos que buscan o seu natural&quot nos montes do país, plagado de eucaliptos. Xa nada é o que era e non son os propios animais os culpabeis das miserias dos seres humanos dun lado e outro da gaiola. Hoxe aparece un escalofriante titular nun medio dixital que nos deixou perplexos a todos cantos formamos ista non redacción, “ a maioría dos visóns liberados na Galiza morrerá , segundo a Xunta” . Segundo zimmer103 a maioría dos da Xunta tamén morrerán, non sabemos cando nen como nen donde pero de seguro que ó igual que os visóns algún día morrerán. E de seguro que a maioría das súas lápidas serán en español.......