Mittwoch, Oktober 18, 2006
CANDIDATOS A SERES HUMÁNS!!
Nista non redacción ,cada vez temos menos esperanzas na denominada raza humana, arrinca a campaña electoral en catalunya e coma sempre nistas supostas democracias occidentais sempre ó rego dos dictámenes da madre patria USA tentan sorprender a un xa por si confuso electorado ,convertendo nun circo todo o entramado electoral. Se cidadats isa plataforma de seres humáns universais e de esquerdas apoiados pola COPE, irrumpiron cun cartaz amosando o seu candidato nun pseudo nu xa que tapaba os collóns e a pixa coas mans coas que acatará a constitución ou o estatut ou o que carallo sexa xa que ambalas dúas cousas son practicamnte o mesmo, no caso de saír elexido. Pero o que si é sorprendente é que ERC utilice a Carod Rovira coma ser humano e o amose afeitándose, acción similar á de esquilar un carneiro, Carod se quería dar imaxe de normalidade cotiá podería saír no cartaz cagando, mexando , fodendo ou facendo unha palla, cousas que todos os seres humáns fan e non por iso se presentan a President. Nista non redacción só nos podemos consolar con que algún dos candidatos ás municiapis galegas collan o testigo e se tenten mostrar máis seres humáns ca ninguén, sen lugar a dúbidas o actual alcalde de Ortigueira é o candidato quen mellor o ten, xa que a súa condición de ser humano tena máis que demostrada nisa espectacular promoción que fixo en Ibiza e coas cámaras da sexta de testigos do Festival Celta , impresionate tamén a meso-soprano que acompaña ós gaiteiros que agardamos toque xunto a Berrogüeto acompañando a Guadi no vindeiro Festival de Ortigueira, sexa como sexa todos os candidatos deberían aprender de Antonio e se no lugar de ir casa por casa repartindo papeletas repartiran billetes de 500 euros , outro galo nos cantaría....... Antonio, tocamos o no tocamos?