Mittwoch, Oktober 25, 2006
LOITA CONTRA A BULIMIA!!
Mentras moitos dos seus compañeiros estaban en Estrasburgo reivindicando a independencia e o achegamento de presos a Euskal Herria, de Juana Chaos tiña que pringar unha vez máis nun tribunal e encima coma testigo duns supostos atentados de Carmen González Peñalva mentras ista militaba no comando madrid, como se de Juana non tivera pouco cos que ten ás costas chámano para que fale dos demáis, menos mal que nista comparecencia , primeira despois de finalizar a súa mediática e exitosa folga de fame, cuestionada por algúns medios que o acusaban de almorzar xamón de york, e falou de xeito moi comedido como se pode ver no video , menos mal que calmou aquela furia que saca cando escribía xa que podería estar na rúa se non fora por aquela famosa carta escita no gara na que finalizaba dicíndolle ós españois que sacaran as súas sucias mans de Eukadi ou el ía cortárllelas. Mentras que nas pasarelas se exclúe ás modelos bulímicas o estamento xudicial español incumple escandalosamente a lexislación internacional traendo ó estrado a testigos claramente cunha masa corporal inferior á permitida. zimmer103 contra a anorexia e prol do touciño nos menús dos comedores das galescolas do páis!!