Donnerstag, Oktober 26, 2006

HOTEL RWANDA

O meu can colleu unha mosca!!, iste dito pódese utilizar para designar o acerto , unha das escasas ledicias que ista G televisión nos está a dar nista patética nova etapa, continuación miserenta da anterior. Ista noite poderemos ver Hotel Rwanda, unha película baseada na post-guerra civil Ruandesa que enfrontou ás dúas etnias maioritarias no país africano Titsis e utus , todo comezou unha noite do 5 de abril do 1994 cando un misil derribou o avión presidencial no que viaxaban o presidente Rwandés e o de Burundi. Nise intre os hutus , etnia á que pertencía o presidente, iniciaron unha extrema masacre contra a minoría tutsis no 1993 iniciara as súas emisións La Radio Television Libre des Mille Collines (RTLM), ate ise momento só emitía a estatalista Radio Ruanda. Radio mil colinas cando síu ó ar emitía unha comedida e simpática propaganda anti tutsi, pero cando no 94 se desata o conflicto foi un dos moiores focos de expansión de odio e terror. Ate entón coñecíase o poder dos mass media pero nunca se podía imaxinar o seu poder real nun conflicto do terceiro mundo donde nen sequera existía a tele e a radio estaba en todas as cabanas , sen dudalo milicianos hutus mataban se alguén sintonizaba calquera emisora que non fora mil colinas, se escoitabas ouveos na noite , por exemplo , podías rematar decapitado cunha brosa, radio mil colinas emitía constantemente mensaxes animando á decapitación e a dar morte da minoría tutsi, un inferno ó que ista noite nos poderemos achegar acendento a G.