
A recente encarcelación de membros de tramas inmobilarias e de tráfico de influencia de Marbella ou de calquer outro sitio nada ten que ver co noso reo estrela que estamos a tratar, o vulgarmente alcumado coma chourizo é un ser repugnante e que recolle o desprezo de toda a sociedade por igual , por cobarde e por malversador do caudal público que entre todos imos xuntando con tanto esforzo e suor e no que non permitimos que nadie meta a man e se a mete que se lla corten. Pero voltando ó tema inicial , dende a detención de Milósevic o camarada presidente servio foi acusado de xenocidio e crímenes contra a humanidade , surxiu a raíz da súa actitude ante os xuices unha nova corrente mediática que vía a iste tipo de persoaxes coma un filón que a medida que avanzaba no xuicio ía tendo a máis xente pendiente, non do resultado en si que xa estaba cantando , senón da actitude e do xeito de defensa que o acusado utilizaba contra un tribunal que xa o condeara de antemán. Istes días estamos asistido absolutamente conmocionados ó xuicio contra Sadam , o lexítimo presidente do Iraq está inmerso nunha folga de fame e sumiu xa case na súa totalidade a súa defensa, polo que fai só unha horas declarou que se ía ser condeado a morte que el coma soldado que era non quería o aforcamemento senón o fusilamento, niste intre Sadam podía incluso pedir o tipo de fusil ou arma semiautomática coa que quería ser fusilado co que entraría xa o elemento publicitario do que falabamos ó principio, dende logo Sadam pode estar tranquilo xa que ningún dos membros dista non redación ímos proporcionarlle a corda ó tribunal internacional que o está a xulgar de xeito tan irregular. Aperece tamén istes días en rolda de prensa , ataviado con gafas de deseño e coma se dun futbolista se tratase o extalibán español que estivo detido en Guantánamo duarante dous anos , parece ser que vai interponer unha querela contra o goberno americano por telo apresado tanto tempo en condicións infrahumanas nunha gaiola na que nen os animais soportarían estar.