
Nen sequer a mellor das pasarelas do mundo , a de Milán , a Gaudí ou a de Nova York pode competir co tremendo transito de modelos e deseños varios que ista última tempada están a desfilar polos xulgados non só do estado español senón do mundo enteiro. Ser un acusado por crímenes contra a humanidade, por un atentado ou por xenocidio é un trampolín seguro para acadar a fama, incluso pensamos xa nista non redacción que as grandes marcas publicitarias estan mirando de esguello sobre as tremendas posibilidades distas novas estrelas mediáticas nun periodo de franca decadencia do engranaxe deportivo salpicado por casos de corrupción e dopaxe que manchan de xeito terrible a imaxe dos deportistas e das marcas que representan. Pola contra, o asasino ou reo sexa do tipo que sexa cando asume a súa condición con dignidade , é dicer, sen esconder a cara con isas ridículas bolsas ou chaquetas de chandal e defenden con firmeza desafiante diante do xuiz e dos medios os seus actos, iste individuo sube moitos enteiros na súa cotización mediática.