Dienstag, März 14, 2006
DOMINGO HAI COCIDO
Simplemente conmocionados nista pequena non redacción por diferentes e apaixonados motivos, o retorno do mandril á adega de Nicanor para sentir a paixón dos músicos de tasca reivindicando outra ......outra botella viño diante da ollada vagabunda dun grupo de indixententes bebendo cervezas a caldeiros na mesa do lado. Pero o cúmulo de emocións chegou co mandril deitado no seu sofá de molido cando ollando nise impresionate programa nas madrugada do domingo , onda curta , emitiuse unha curta que deixou ó ser de alma simiesca ó borde do infarto, menos mal que puido meter a tempo a cabeza na tortugueira e poder despexarse así dunha morte case segura. Herdeira do espírito de Chano Piñeiro “domingo hai cocido” pareceume unha apoteósica obra de arte mix extremecedor entre Mamá Asunción e Amores Perros, unha creación na que unha avoa é a protagonista absoluta cun impresionate reparto coral de animais que van dende as galiñas ate os cans de pelea que se garrean por comer a cabeza do pito morto e gatos raxados que axexan acochados toda a acción da matanza , desplume e posterior preparación na cociña da galiña para o seu cocido. O guión da obra maldita Fast-food , engancha e comunica coa filosofía exposta polo director e guionista dista tremenda fita, auténticos outsiders da creación europea que ó igual co director portugués Pedro Costa escupen nas alfombras vermellas sobre as que os espantapaxaros de celuloide galego , europeo e mundial camiñan. Cocido , Fast-food e Sangue contra unha grella cinematográfica establecida!!