Donnerstag, März 16, 2006
A B.S.O DOS CAIUCOS
As ducias de subsaxarianos que estan tomando os caiucos dende Mauritania a Canarias pasan uns 4 ou 5 días de travesía extrema nas augas do atlántico piscina. Chegan ate a nosa non redacción novas de que moitos dos fuxitivos da miseria que montan no caiuco levan consigo un pequeno transistor no que sintonizan ouveos na noite, o podcast emitido na frecuencia de zimmer103 e producido nos estudos Grozni que xa ten unha nova edición a disposición de todos os subsaxarianos e fuxitivos do mundo enteiro. Monta no teu batuxo dixital e sinte o atronador son dun podcast que por momentos semella que vai facer estalar os teus altofalantes. Pulsa NEXT > e desfruta dunha explosiva edición de ouveos centrada en remixes case imposibles!!