Freitag, Februar 24, 2006
OUVEOS NA NOITE
Dende a non redacción de zimmer103 non podemos cruzar os brazos ante unha monumental inxustiza que se está a producir por mor dun fallo xudicial contra dun veciño da aldea ourensá de Valencia do Sil . A pena imposta ó noso amigo do concello de Vilamartín de Valedoras supón un grave recorte nas libertades para a cidadanía galega , por mor dun suposto transtorno violento producido pola inxesta de viño e alcohol o noso amigo foi obrigado por orde xudicial a non poder entrar en bar ningún xa que segundo a sentencia cando iste voltaba a casa liábase a paus cos pais e co irmán que foron os que o denunciaron. Fontes consultadas polos mandrís desprazados ate Valencia do Sil afirman que o fuxitivo do vaso atopou acocho na casa dun veciño viubo que xunto a outro colega solteiro forman o temido trío do clarete. Os confidentes de zimmer103 afirman sen embargo que dende que pechou as portas o último bar da pequena aldea de Valencia do Sil non se voltou a ver ó maqui do vaso merodeando polas cabanas nen polas casas