Dienstag, Februar 07, 2006
MÚSICA CELULAR
Zimmer103 estableceu un novo frente na súa dinámica e anovadora loita contra unha B.S.O establecida. Recentemente nun extraordinario diafragma remitido dende ista non redacción ó programa aberto por reformas conmocionou ós oíntes e presentadores diste programa que coma unha llama dos andes bolivianos escupe de xeito maxistral música e tendencias sonoras artelladas no país na frecuencia da rg. Zimmer103 esixiu música galega para os móbiles galegos e do mundo, contra o colonialismo nas chamadas e pola posibilidade de escoitar a Castomá, Nao, Os Conquistadores de Samos ou a Telémaco e Fanny + Alexander cando un fai ou recibe unha chamada nise intre tan crónico que son os segundos de espera na mentras non recibimos a voz do interlocutor polo que agardamos.