Dienstag, Februar 07, 2006
Iste mandril non pode resistirse a comparir coa pequena pero concienciada comunidade nómade de mandrís enfurecidos por ista situación de desarraigo sonoro a situación límite que se produciu cando nun enterro e coa caixa saíndo pola fiestra alguén ó meu lado realizou unha chamada e a música de espera antes de establecer a locución era ise tema de Bustamente que di ... devuélveme la vida que me la has quitao....... Intres extremos nos que unha mala escolla condiciona a terceiros, niste caso o excelente tema o día da morte de F+A sería unha escolla correcta e axeitada ás circunstancias. A distribución sonora é a gran revolución na que tanto a industria coma os creadores e os consumidores estamos inmersos niste inicio de século, nun universo de tendencias no que o soporte c.d como elemeto físico está chegando ó seu fin e donde a circulación rápida ,varata e de calidade marca as pautas de consumo musical, Galiza ten que facer fronte de xeito inmedito a istes novos retos, as compañías e os músicos do país deben botar unha ollada de urxencia para ver quen son os princiapais consumidores da súa música , os reproductores mp3 e as descargas para móbiles supoñen xa unha gran fonte de ingresos para a industria e unha alternativa clara e evidente ós xeitos clásicos de venda de cancións . zimmer103 pola creación dun marco de descargas galego e de compromiso contemporáneo acorde cos novos xeitos de reproducción e distribución sonora.