Freitag, Oktober 07, 2005

O SORRISO SUAZILÁNDICO-GALEGO

A principios de xaneiro está anunciado o congreso no que o partido popular de Galicia vai elexir ó sucesor de Fraga, parece ser que só pode presentarse un candidato por provincia polo que redúcese o cupo a catro elementos . A sorpresa produciuse istes días co aterramento en territorio Galego de Virxilio Msauti, iste curmán do rei de Suazilandia ven disposto a todo na carreira de sucesión na cúpila do PP galego.De nai galega , Virxilio , máis coñecido no seu país de orixe coma " o home do sorriro magnético", sempre tivo unha relación moi cordial co antigo presidente da Galiza hacia o cal procesa unha profunda admiración , incluso dise que levita e que está en poder a ialma do propio Fraga, de feito na rolda de prensa que o posible futuro candidato ofreceu a un reducido número de medios á súa chegada ó noso país , dixo ser posuidor da esencia do Fraguismo , a continuación iniciou un impresionante rito de abdución no que despois de arrolarse polo chan e estremecerse con arrepiantes espasmos iniciou a falar coa voz , co ton e cos xestos de Don Manuel . Os membros da non redacción de zimmer103 desprazos á rolda de prensa quedaron absolutamente impresionados polo poder e polo magnetismo que irradia iste novo ente político aterrado na Galiza , de feito os dous enviados especiais de zimmer103 xa foron expulsados da non redacción porque é tal o poder de convicción de Virxilio Msauti que os dous ex - zimmer103 ó sairen da rolda de prensa afiliáronse ó PP de Galicia e saíron do local do seu novo partido proferindo insultos hacia os matrimonios gais e hacia o novo estatute galego de libre adresión.Dende Vigo Corina Porro xa declarou que Virxilio era o seu candidato para presi ó igual que a maioría das féminas do PP galego e estalatal, Virxilio coma se dun John Kennedy tinguido de mouro se tratara, explota ó máximo o seu indudable magmetismo e sex-appel . Agardarmos entón a ver que acontece nista controvertida e apaixoante carreira de sucesión.