Mittwoch, Oktober 05, 2005

DESPRAZADOS

Os amigos do Colectivo Urbano Lugrís envían á nosa non redacción ista convocatoria para o “serán” que se vai celebrar na Praza de Azcárrega da Coruña iste domingo 9 de outubro a partires das 19 h, coincide que o mandril istes días viste zapatos de claquet polo que de seguro vai aproveitar para pasarse por alí e zapatear sobre a pedra, de tódolos xeitos da explicación que Guillerme Costa moi amablemente nos acopla ó cartaz da festa para amosarnos o fundamento dos Seráns, extraemos iste curioso párrafo “Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bó xeito de relación dos mozos coas mozas, de xeito que todo aquel que ficara fóra deste ritual era dalgún xeito desprazado socialmente” zimmer103 é amigo dos socialmente desprazos , zimmer103 é de feito un medio desprazado social e políticamete, os membros dista non redacción somos os que nunca bailamos ó son dunha B.S.O establecida e arrimámonos á barra , de tódolos xeitos , istes amigos e seguidores da non filosofía do mandril demostraron valentía para achegarse a un medio das marxes para espallar a súa idea de festa, a todos os mandrís do mundo: o domingo 9 baixade da póla na que estades instalados e a bailar......bailade, malditos bailade e se pode ser , facedeo sobre a tumba do alcalde da cidade.