Mittwoch, September 07, 2005
-TELÉMACO , un boneco sonoro que o forman cantas unidades?
Pois como ti ven dices este boneco sonoro o formamos o corenta por cento da grande Safari Orquestra, que somos o señor Mike Rolling mais coñecido por Rulos, antigo militante importantísimo nas filas de Kozmic Muffin e Zootropo e un servidor. Tamén temos na parte visual a Mark, columna vertebral de Input Select un dos grupos de videodj´s máis importantes de España e Portugal. El hase encargar de darlle imaxe a este proxecto
-O sampler utilizádelo como a bombona de oxíxeno co que Telémaco nutre o seu pequeno pulmón electrónico ou existen máis elementos que pasan pola gorxa dista apaixoante criatura ?
Ben, a verdade é que é unha ferramenta importante pero hay moitas cousas máis que samplers, como sinxelos e cotiáns electrodomésticos como poden ser batidoras, espremedoras, afeitadoras, televisións, radios, casetes e por suposto moitos instrumentos, dende didgeridoo, traveseras, saxo, triángulos, armónica e outros creados polo maestro Rolling, todo elo pasado por moduladores de efectos como o novedoso KAOS PAD 2 . Tamén utilizamos vellos discos de música clásica , bandas sonoras , anuncios de televisión, conversas de películas, menxases de voz, e como non, suculentos escratches sobre cómodos colchóns de bases electrónicas. A pregunta sería qué instrumentos non utilizades? jajajajaja
-Siglo21 foi a presentación mundial de telémaco, no transistor da segunda guerra mundial no que zimmer103 recibe o sinal de radio3 acendeuse unha luz vermella de alarma. Doutor , que pensas que pode significar, un novo ataque nazi ou que Telémaco é a criatura electrónica que emitindo dende a Galiza pode chegar a ser referente no estado e en europa?
O noso traballo a parte de ser escoitado neste estado xa traspasou fronteiras, jeje…, estano escoitando en Sudamérica, Portugal, Londres incluso na antiga Yugoslavia. Así que estamos convencidos de que hai moitisima xente na nosa Galiza traballando moi duro e facendo música perfectamente exportable, somos Galegos pero non tontos.
-Coma dr.think vas iniciar unha impresionate xira por Latinoamérica, coméntanos un pouco ista aventura na que vas cruzar a poza cos teus pratos baixo o brazo.
Pois querido amigo, así é. Chegou o momento de recoller despois de sementar, e unha enorme satisfacción poder representar o meu país fora de el, e un sono que sempre quixen cumplir e por fin chegou o momento. Estarei en Argentina, Uruguay, Chile, Perú e Paraguay tocando e disfrutando deses países tan maravillosos durante un mes e medio, tamén estarei en medios de comunicacións coma radios e televisión, e me esperan unhas cantas entrevistas e actuacións en directo. Nestes países tocarei co nome artístico de dr.think á miña faceta máis electrónica misturando minimal-house, electro-house e electro-rock. Na actualidade os meus sets se inclinan moito por esos estilos, no meu playlist particular teñen cabida as mellores producións de Swag, Tiga, Alex Under, Tiefschwarz, Miss Kittin, Steve Bug, Martín Bros, Martin Landsky, jaumetic e sellos importantisimos coma Pokert Flat, Minus, Regular, 2020 Vision, Desseus, Trapez, Morris Audio, Kompact, Perlon, Fine, Boxer Sport, Compost, Bpicht Control e un largo etcétera. Tamén farei a presentación do noso traballo coma Telémaco en 3 chill-outs, sitios moi adecuados para poder realizar a miña sesión, a pena é non podelo facer cos 3 integrantes do grupo por cuestións monetarias pero intentarei deixar o producto galego alto, moi alto.
-A pesares de que Telémaco se apresenta coma a túa gran aposta de presente e de futuro, en zimmer103 gostamos moitísimo da túa faceta coma Dj , da túa militancia no proxecto vangardista nTn e da túa implicación nesa gran nave sonora conducida por Emilio López chamada Safari Orquestra, supoñemos que isas tres vidas paralelas seguirán tendo continuidade.
Evidentemente esas facetas non as vou a deixar e menos nestes momentos. Estame dando moita satisfación e alegrías compartir grupo con xente coma o señor Emilio López un dos precusores e propulsores da escea independente galega, Lauriña, baixista impresionante é mellor persoa, e que decir de Mike Rolling e o noso productor Arturo Vaquero, músicos de primeira, compañeiros de mil andanzas musicais. Son todos proxectos distintos pero á vez se unen nun mismo denominador común, a proxección musico-cultural ó exterior, tentar darlles polo cú ás radio-fórmulas e á merda que nos queren meter polos oídos.