Mittwoch, September 07, 2005

4º SKURO

Zimmer103 inaugura a súa sección de interrogatorios, un face a face intenso entre o mandril e o creador que encerrados na xungla do 4º skuro van tentar analizar as diferentes facetas da intervención do entrevistado. Cesar Vidal na súa segunda tempada coma director e presentador do magnífico prograna de "La Linterna" na Cadea COPE utilizou o ruso para entrevistar a un antigo piloto de helicópteros do exercito da Unión Soviética destinado en Afganistán, nos imos utlizar o galego para entrevistar a iste auténtico muhaidín da electrónica galega chamado Dr. Think que entra por primeira vez no universo de escuridade creado por zimmer103. Siglo21 é ise programa que emite radio3 no que se toma o pulso da música contemporánea que se fai en europa e no mundo, o pasado venres 1 de setembro fixeron unha recopilación dos mellores traballos chegados durante o último ano á súa redacción en formato maqueta, TELÉMACO foi un dos elexidos entre a basta amalgama de sons remitidos ó progarama dirixido por Tomás Fernando Flores. Hoxe , producindo escuridade donde había claridade o dr.Think, o alter ego musical de Alvaro Pardo , fala en exclusiva para presentar ó mundo o seu novo e intenso proxecto chamado TELÉMACO.