Donnerstag, September 15, 2005
4º SKURO
Aínda estamos a repornos do impresionante impacto social e mediático que supuxo a irrupción na rede do 4º SKURO , iste espacio de escuridade creado por zimmer103 que analiza dun xeito diferente e diferenciado a obra do artista capturado entre as catro paredes da nosa cela imposible. Rachando con moldes e fronteiras a ollada do mandril acende o foco contra a faciana de Carlos Suari , poeta asturiano capturado e conducido a iste inmundo 4ª skuro para que presente de xeito exclusivo para a audiencia de zimmer103 o seu impresionate poemario titulado “ el mio cachu tírolu” . Asturies é un referente ineludíbel na música independente europea, Manta Ray cos seus paralelos, Viva Las Vegas , Jr e Las uvas de la ira, xunto cun ex, Nacho Vegas forman a punta dun iceberg que completa isa xoia de pop melancólico cantado en asturiano chamado Mus, curiosamente Divina Lluz é o título do último traballo diste dúo Xixonés e divina skuridade pode ser o titular perfecto para iste brutal e irrepetible interrogatorio no que Carlos Suari fala da súa obra e o seu país , os mandrís adoecidos dun lado e do outro da fronteira intercamiamos golpes nos nosos idiomas minoritarios , achega a orella e poderás escoitar os berros de dor!!