Dienstag, Juli 12, 2005
POM BURKA , LE A FOLHA!!
En plena guerra do Iraque unha publicación de carácter independente “ A FOLHA” editada de xeito totalmente clandestino dende a mariña luguesa desmarcouse da tese do pensamento único pola fórmula galega de amañar os asuntos, guerras incluidas , por medio dun churrasco. Adaptando iste medio negociador á realidade árabe , os ideólogos da folha decidiron incluir na súa sección de cociña chamada “ O Forno” unha receita do pais daquela aínda presidido por un Sadam lustroso.
Dende zimmer103 animámosvos a que rompades coa dictadura dos sabores , pon a pota ó lume e prepara o prato do Iraque na túa haima imposible.