Donnerstag, März 03, 2005

TRANSPARENCIAS

Nas ultimos días de cada ano as nosas casas énchense de almanaques , calendarios de talleres, panaderías, bares e un longo etcétera enchen as catro paredes do habitáculo no que mal vivimos, incluso se miramos nos petos dos pantalóns ou das faldas ou se rebuscamos na carteira estou seguro que todos e todas, sexan da cultura ou da raza que sexa, todos atopamos un calendario que nos situa no día e ano no que vivimos.
A iste curioso universo dos calendarios ven de unirse a que poderiamos chamar, “publicidade institucional de baixa intensidade” , diversos concellos utilizan iste método para irse colando en todos os fagares dos gobernados que recibimos con estupor estas mostras de afecto por parte dos nosos atentos gobernantes.
Os motivos mais recurrentes case sempre son fotos históticas , estalos dunha época na que os nosos pais e avós nos guían entre olladas emocionadas que suponen vivencian intimas e inconfesábeis.
En zimmer103 pensamos que os verdadeiros actos e feitos que marcan a historia dunha vila ou dun pais nunca son fotografados, son feitos que poderiamos considerar coma en off.
A película inglesa full monty inaugurou un xeito diferente de entender a acción solidadaria, quipos de futbol , baloncesto ou do que sexa fan striptis para acadar fondos para os seus clubes en crise, iste xeito de entender a solidaridade extendeuse ós calendarios , iste 2005 saíu un albun con fotos en pose erótica de mulleres dun asilo , por suposto xa teñen todas as existencias esgotadas e poderán facer as melloras que querían no seu centro social, preguntámonos en zimmer103 se non sería posible que as corporacións municipais se uniran a ista iniciativa e se espiran para ser fotagrafados nos calendarios que a finais de cada ano nos mandan ás casa, alcaldes , alcaldesas e corporacións enteiras amosando os seus encantos nun calendario para sacar fondos para asfaltar as pistas e poñer farolas nos camiños.
En zimmer103 esiximos transparencia, que se nos amose todo , que os alcaldes e alcaldesas non agachen nada debaixo das roupas , epídevos diente de nós e creeremos na vosa xestión, do contrario en zimmer103 seguiremos pensando que a dictadura do proletariado é o mellor xeito de goberno posible.