Mittwoch, März 16, 2005

DESENFOQUE EN PYONGYANG

Moi pouco sabemos do cinema dos paises non alineados, oficialmente iste movimento nace no 1961 cunha coferencia no Cairo , agrupa a paises do terceiro mundo que se resisten ó neocolonialismo occidental, nos seus puntos básicos está recollido o apoio ós movimentos de independencia nacional , polo cal , en zimmer103 non podemos máis que sentirnos un medio non alineados xa que compartimos totalmente iste e os demais criterios que cimentan iste agrupamento de paises (NAM).

Centrarémonos niste loop no cinema norcoreano , por ser iste un dos paises de maior entidade dentro da NAM.

“Nación e Destino” é a gran obra do cine norcoreano, uns 60 episodios ,por agora, dun serial cinematográfico que trata de amosar as bondades do xucheismo por medio de historias cotias. Cada estreno de “nación e destino” (ata tres por ano) é un acontecemento nacional na RPDC , incluso coméntase que o actual gran lider Kim Yong II dirixiu algun dos episodios da saga.

Se falamos de repercusión internacional dentro do cinema da RPDC temos que nomear á fita “Bulgasari”, impresionante historia de monstruos mutantes que o seu director Shing San Ok tratou converter nun alegato contra as armas nucleares.
A importación de equipos técnicos xaponeses fixo dista obra un producto moi digno e de enorme repercusión no mercado asiático.

O eido de maior importancia no cinema norcoreano teno a animación, a SEK é unha productora considerada coma unha das máis importantes do mundo pola calidade dos seus traballos e o baixo custe dos mesmos, asociada á universidade Kim Il Sung , acadou importantes premios internacionais tanto en películas de producción propia coma con cooproduccións con Francia ou Italia.

As epopeias nacionais son temática recurrente no cinema da RPDC , no ano 2000 Li Chju Ho asina “ carreira cara a gloria” nista fita nárrase a historia real da atleta norcoreana Jong Song Ok que tras fracasar nos xogos olímpicos decide traballar duro e acadar a gloria nos mundiais de Sevilla na proba do maratón.

Dende zimmer103 animamos á non alineación, nen no cine nen nas ideas.