Donnerstag, Februar 03, 2005

O SANGUE CALLADO

Despois de toda a movida , parece ser que chegan as primeiras denuncias , veñen dunha nai de Barreiros que a filla lle chegou chea e poteando e seguramente tamén mexada e cagada, pero o dono do galiñeiro de pitos dixo que alí non entraban menores de 16 anos, trola criminal, e que seguro que estaría bebendo nos botellóns clandestinos que se suceden ó londo da Vila.
Creo que hai unha pila deles, os chavales e chavalas mámanse totalmente, por fin chegou a festa de verdade, non estaría mal invitar ó noso colega Monxo para que entrene no seu rollo de camelo frustrado, tamén creo que anda atento o noso amigo home-sapo para facer algún fichaxe para a súa cuadrilla de putas virxes , por fin volve a emoción!, igual é hora de falarlle ó home sapo de se quere levar ó noso púxil “ O Castrón do Batán ” e organizar algún combate ilegal, xa o estou vendo , se antes a emoción da noite a puñan as partidas de poker no " Los Ángeles café " agora a salsa da noite estará no sangue callado dos rings imposibles.