O ACORDEÓN DE MARRAKECH
De orixe Moldava , O-ZONE son ise grupo de tres rapaces que cantan en rumano e que asinaron sen dúbida a chamada canción do verán 2004 , impensable fai so uns anos que o romanés se impuxese ó inglés ou ó español no caso galego. Outro éxito deste verán, iste apoiado por unha poderosa marca de bebidas refrescantes é o chamado “del pita pita del” , que cun video de estética Bollywood , marca o fito de achegar a música indoasiática a un público xove e masivo que descoñecía case na súa totalidade a existencia destes sons e desa industria cinematográfica con sede en Bombay.
Iste feito destraga por completo as estructuras musicais das orquestras do país que se atopan con moitos problemas para verter en directo istes novos e exóticos éxitos de tempada que coma todos os anos a xente de cada parroquia, vila ou cidade esixe en cada actuación, algunhas optan por unha fórmula mixta sobre todo en celebracións de menor intensidade coma bodas ou comunións, primeiro despachan os temas de sempre, solos te pido e compañía e logo un dos músicos dispara a xeito de dj imposible istes temas modernos feitos con máquinas e cantados en idiomas estranos.
Sen dúbida, a masificación do elemento étnico é un feito indiscutible, máis aló das músicas de consumo rápido atopamos multitude de casos , alimentos de carácter étnico ocupan xa a primeira liña en moitos estantes dos supermercados sen ser necesarariamente grandes areas comerciais ou centros especializados, nin que dicir ten o auxe dos restaurantes de comidas deste tipo, restaurantes árabes , indús ou mexicanos....... témolos agora ó pé da porta, trátase de buscar novos sabores e novas cores que rompan coa nosa monotonía imposta por anos de illamento.
Outro elemento a ter en conta é o da roupa, se fai uns anos empezamos a ver elementos doutras culturas misturados coas nosas vestimentas clásicas de seres occidentais, hoxe impúxose a curiosa moda das camisetas que marcan directamente a afinidade do individuo por un país ou etnia determinada , xamaica , brasil ,italia....
Os peiteados tamén amosan unha clara ruptura cos cánones máis tradicionais, os trenzados e cores das mulleres africanas foron copiados polas mulleres do país e as nosas perruquerías asimilaron xa istes estilos tribais coma unha variante máis dentro das esixencias das súas clientas e clientes.
Crestas e piercings son elementos de esencia etnica que xa forman parte habitual da pinta de moitos e moitas de nós.
Agora que indonesios chegan ás costas de Lugo para traballar nos barcos de pesca galegos, cando Cabo Verde é case unha parroquia máis do concello de Burela e o cous – cous se mistura coas fabas nas potas ó lume das haimas imposibles de Lourenzá, cando en Ribadeo se imparten clases de chinés fóra da mentira das escolas de idiomas e en Foz se vai levantar a primeira mesquita da mariña de Lugo, agora que todo muda de cor e sabor por qué hai algo que segue invariable?
Fai uns anos os plásticos das San Lucas de Mondoñedo abrigaban os primeiros senegaleses que vían os meus ollos e as barras americanas eran o único refuxo posible para mulleres de latitudes tropicais e do leste europeo , hoxe as rúas das nosas vilas xa acollen a variedade pluricultural e pluriétnica da nosa sociedade .
As xentes do país marcamos un novo biorritmo , as cores que invaden a sociedade galega do século 21 chocan coa escuridade instalada nos bunkers dos despachos ofiais.
Abdul faite alcalde .