Freitag, Februar 03, 2012

NIKO , KROME NAS...( naide é màis ca nosoutros ) , TATUAXES , ROCK E EX-PARACAIDISTAS!!

Ex-paracaidistas do exercito ruso enfurecidos co seu presidente que deciden utilizar unha impresionante melodía rock para amosar ó mundo enteiro o seu monumental cabreo contra a figura dise ex-dirixente da KGB chamado Putin . " destruiches a defensa, o exército está reventado, escupes ós soldados e mandas barrer ó aficiais, non che perdoamos cabrón, pedímosche a túa urxente dimisión!!"

O referencial grupo de ex-paracaidistas rusos sabe perfectamente que a mellor defensa é un bó ataque polo que sen protección se tirán a centos de pés de altura co caza en marcha para aferrados ás guitarras , baixo, batería, tatuaxes e gorxas precisas prantexar a mais terríbel e insospeitada ofensiva antigubernamental xamais imaxinada polo kremlin e que poñen tamén en alerta ós centros de poder feixista instaurados en Europa xa que mediante a interconexión anarco-independentistas da redes de acción de Abertinhos da LNB fan que os Extensión Agraria . o grupo de post-rock galego-arxina fortaleza os seus postulados evanxélico-musicais que teñen ó actual presidente da xunta e alcaldes de tódalas vilas do país no punto de mira. Coas Katiuscas que aportará Alex da súa anterior experiencia sonora e cos Paracaidas furados dos paramilitares rusos serán os complementos perfectos para unha brutal viaxe da altos voos que os Extensión Agraria ultiman no seu zulo de Bretoña a miles de pés de altura...ei alcalde , tes as mans cheas de sangue!!