Donnerstag, Januar 19, 2012

KIM JONG-UN DISPARA TODAS AS ALARMAS Ó CONVÉRTESE NO SEXTO MEMBRO ACTIVO DO GRUPO DE POST-ROCK "EXTENSIÓN AGRARIA"!!


Sabido é que os máis grandes grupos da história tiveron na súa formación elementos adicionais que viñeron complementar a formación orixinal aportando isa pinga de inxenio capaz de catapultar á banda á consideración de mega-estrelas do universo rock . Do quinto beatle ó sexto Extension Agraria , de novo ista non redacción por cortesía do ministerio do interior do governo irman de Korea do Norte pode confirmar a nova que o imperialismo capitalista se temía , Kim Jong UN o actual Gran Lider intégrase na banda de post-rock galego-arxina Extension Agraria. Nunhas terroríficas imaxes , insistimos cedidas polo governo irmán chollima , podemos ver ó novo guitarrista do grupo elexindo entre unha pila de guitarras españolas cales vai coller para queimar en directo , ademáis podemos distinguir tamén o xa famoso Almanake-LNB co cal vai coordinar as súas funcións de governo coas actuación da banda coa que xunto os seus misis de longo e curto alcance prantexa conquistar do mundo.


E foi cunha serie de acontecementos encadeados os que decidiron a Kim Jong-UN dar o paso ó fronte para integrarse nista banda que dende o seu zulo de Bretonha ten xa a medio mundo aterrorizado , por unha banda o recebemento dos sentidos pésames despois da morte do seu pai que se recolleron nista capela dixital aberta e por outra a celebración da morte do feixista Fraga por parte do grupo cun brutal ensaio aberto fixeron que Kim Jong-UN decida unirse ó grupo de xeito formal polo que nos directos que por motivos de governo non poida acudir teremos un micro aberto ó seu dispor por se a ultima hora decide coller o jet-presidencial e chantarse no esceario .... adiante o novo eixo do mal Bretonha-Pyongyang!!