Dienstag, Juli 03, 2012

Dj Anho Mouro...SENSACIÓNS PARA ESCOITAR CON OLLOS DE CARNEIRO MAL MORTO!!


Detroit , Londres , Bruxelas, Berlin , Tokio ...son ate o de agora alguns dos centros neurálxicos donde un Dj debece por tocar , a irrupción de novo nas cabinas dunha das metades da mítica Fanrraria da Carraxe mutado en lobo con pel de año fai pensar seriamente en que espazos coma a Palloza de Cervantes nos Ancares poida ser un dos novos epicentros da música experimental do planeta donde a xente acuda en masa coma aconteceu na festa República Billarda no Rockuncho de Ribadeu para desfrutar da extridencia do coitelo nos pratos de Dj Anho Mouro con ollos de carneiro mal morto

Nochok , o fotógrafo experimatal galego estivo na rave billardeira para desfrutar do ambiante e inmortalizar intres coma o espectacular concerto de Miguel Alonso e posteiro sesión alebrestrada de Dj Anho Mouro ...xuntanza de lobos , ovella morta!!

Se che dan a ovella...colle axiña a corda e vai por ela. Iso foi o que aconteceu cando os irmáns do Rockuncho abriron a posibilidade cara a unha brutal acción sonora que achegou mais ca nunca Ribadeu ó espazo Sonar de Sâo Paulo. 
















Este pandeiro que toco, é de pelexo de ovella, aínda comeu onte á noite , hoxe toca que rabea....Dj Anho Mouro , contra unha B.S.O establecida!!