Freitag, September 09, 2011

O SUAVE LOBO URBÁN!!


Hai vida moito máis aló do acto mafioso dun lado e do outro de retransmitir un partido de MERDA ( por desgraza non da liga polaca) pola radio , carruseis ás agachadas nos estadios amosando ás claras que as grandes emisoras non é que lles interese un desporto en concreto senón que como din os Terbutalina no seu recén estreado Broncodilatador góstallles os cartos màis ca o sol ós lagartos- Non sei se iste disco trocará o rumbo da música galega mais valeu para que o irmán CCCP voltara amosar os dentes que a istas alturas da película recibir ise bafo de aire fresco xa é mais que abondoso triunfo para calquera nova achega sonora- Mais o que nos fai acender as luces de madrugada nista non redacción e engancharnos a un fresco cubata nista abafante noite é o estreo radiofónico de Charly Domínguez ( creo que dixo ) ...o dos Suaves vaia. Criticar a iste pavo en realidade estaría mais feo que petarlle a un pai , o caso é que O Lobo Urbán se sinte mais que nada niste arrinque bastante acolloado na soidade da cabina, marcando terreo lanzando notas a modo de principios básicos como o de non falar sobre unha canción e se o fai repetir a mesma , utilizar o vinilo sen complexo , realizar cada venres final de mes un especial baseado nun Lp....todo màis que previsíbel- A dicer verdade na radio galega hai profesionais ben maís cualificados ca Charly para a función de realizar un programa de rock-radio-station de aspectro amplo e con moito máis coñecemento de causa e do medio ca el , por exemplo Xenaro Sanchez . actualmente secuestrado en deportes, realizou nos inicios da radio galega programas específicos como O Bule Bule ou Caixa de Ritmos absolutamente referencias para todos os que tivemos a oportunidade de sentilo , iste si que falaba riba de música cando era necesario coma cando nunha mítica entrega fixo parar de soar un estreo do músico sudafricán Jhonny Cler por comercial e infumábel . Do Lobo Urbán fálase que foi un dos artífices de que o Derrame Rock recalara en Ourense despois da súa marcha de Asturies , unha gran xestión se é certo o tema , a verdade é que con accións coma isa ogallá que a súa estancia diante dos micros da Radio Galega o leven en breve a sustituír a Roberto Varela coma conselleiro de cultura do governo de Feijoó xa que de político seguro que o fai de luxo porque coma locutor, nen puta idea-