Donnerstag, August 11, 2011

MÁXIMA ALARMA POLICIAL ANTE O TEMOR DO ESPALLAMENTO DO GZ-RIOT SURXIDO NO BARRIO OURENSÁN DA PONTE!!!!


Mentras os medios standar sitúan o foco de atención en Londres e nas diferentes cidades británicas nas que a xuventude alegre e combativa impulsada pola publicidade salvaxe dun capitalismo caníbal salta ás rúas e asalta tendas para roubar artidos de consumo que as multinacionais lles meten polo ollos, mércao, mércao pois se é tan bó e tato o necesito ..pois rouboo!! Sen dúbida isa filosofía ultra-capitalista está na base das revoltas nos arrabaldos ingleses , unha mesma fraccion que se translada iste días á Galiza na alarma surxida nas comisións de festas do paìs con epicentro na gran acción duns activistas-galaicos no barrio da Ponte de Ourense, que se adiantaron á suposta comisión oficial para ir polas casas pedindo o ilegal imposto festeiro . Se tan boas son e tanto necesitamos ver ás putas orquestras anti-galegas e xenófogas ...pois pedimos por elas, adiante o Gz Riot contra o impostos ilegal festeiro!!