Mentras os imbéciles e escuros se limpaban bágoas ollando cara ás profundidades do pozo da segunda , outros ergueron os puños e cubalibres o sábado pola noite nunha tasca do país celebrando a victoria da gloriosa seleccion de Korea do Norte no seu enfrontamento "amistoso" fronte á podredume capitalista da selección China. A furia chollima brilou nos nosos ollos e a intensidade que fixo que os sms correran de madrugada avisando do grande fito da nosa auténtica seleccion vermella chocou coa xeada da mañán cando buscando imaxes dos grande estalo nos atoparamos coa manipulación da realidade do todo poderoso dragón chinés que nos quere facer crer que China venceu a Korea do Norte por un 2 - 0 . Nista xa histórica madrugada do pasado sábado todo o entramado de siareiros galaico-stalinistas voltou a coller o martelo e fouciño para preparar o asalto ó prado de batalla apoiar como di o irmán Traveseiro á chollima no mundial sub-20 de Colombia Mais tratábase dunha pachanga, porque se fose oficial fixo que os pasariamos pola pedra. De feito, xa estamos a preparar o campionato do mundo sub-20 que se disputará en Colombia a finais de xullo, e no que formaran parte os rapaces da Chollima que conqueriron sen baixarse do autobús o campionato asiático sub-19 o ano pasado. NON HAI TREGUA, ÚNETE Á FEBRE STALINSTA DE APOIO Á SELECCIÓN DE KOREA DO NORTE SEMPRE!!