Montag, Mai 09, 2011

BRETOÑA ACOLLE O TSUNAMI LOIS NUNHA CONVENCIÓN BRUTAL DE ARMADANZAS!!


Sen dúbida Sak na presentación en exclusiva mundial no seu programa Radio Oceánica da RGM atinou totalmente xusto no centro da diana emocinal cando califou co impresinate calificativo de ARMADANZAS , ó feitor do esgarro sonoro lanzado sobre a lápida do poeta Lois Pereiro que se incluirá no cd de poemas musicados do punk de Monforte. E moitos màis esgarros se producirán tamén no espectacular e improvisado staff que iste venres acolerá o tsunami Lois cunha nómina de perticipantes alucinante e que encherá de esgarros a chaira luguesa tan necesitada de saliba e varba:


"VERSCHWENDE DEINE JUGEND"
letra: Lois Pereiro
música : ZIMMER103

"VERSCHWENDE DEINE JUGEND" Será unha invasión máis/ ó mercurio inconstante do pasado / afiados os coitelos da memoria / nun presente salvaxe que me instrúe. / Chovendo pra ferir unicamente / esta noite industrial definitiva/ de agullas líquidas en fero ataque unánime / espetando a súa acústica blindada / neste insonio ilegal de etcéteras.

- Poemas 1981-1991 -