Mittwoch, März 16, 2011
A BALSA DE 3 MILLÓNS DE LITROS DE XURRO FRONTE ÁS CASAS DOS VECIÑOS CONVERTEN A COEA NO FUKUSHIMA GALAICO!!
Cando a opinión pública mundal olla cara ó desastre nuclear que amiaza na central de Fukushima un outro epicentro de proporcións apocalipticas se cerne sobre os veciños da parroquia de Coea , pouco máis de 20 persoas pertencentes ó concello de Castro de Rei que sufren a imposición dunha impresionate balsa de xurro ou purín de 3 millóns de litros. Vivendas a pouco màis de 100 metros diste auténtico niño radioactivo sitúan ós seus habitantes no centro da diana dun posibel desartre bioquímico que os medios galegos e mundiais ocultan deliberadademente. Valén màis as vidas duns milleiros de xaponeses ca dos veciños de Coea? para o goberno galego por suposto que si, que olla cara outro lado ante as protestas dos veciños que dende istes regos escritos amplificamos para tratar de facer algo por iste irmáns en situación de aldraxe tóxica total e absoluta. É moi facil falar e elocubrar sobre as consecuencias de Fukushima , mis só uns pouco son capaces de pasar dise consecuancia natural da boráxine capitalista nipona e porse ó carón dos irmáns galaicos de Coea , o problema de base son as contradicción internas de dous sistemas antagónicos de enerxía ..... o sushi fronte ás costilletas!!