Desposis de ler o interesante artigo de Sebas de Tachenko no Rokdelux sobre a mini-xira que o seu grupo realizou polo estado como banda suporter de Micah P. Hinson pode ser que estranamente entrara pola fiestra dista non redacción unha brisa cargada de morriña, sempre unida ó maxestuoso nome diste grupo zaragozano e tamén por qué non dicilo á súa música con arrecendos do xigante e desgraciadamente fuxido Sergio Algora. Mais no contexto actual tanto político como baloncestístico no que xa non existe referente ningún de entidade suficiente é o intre quizais de deixarse invadir pola nevoa , agora que o un suposto sol nace en Euskal-Herria baixo no nome de SORTU , vendo ó seu voceiro traxeado e de garavata e con isa actitude moxentamente parlamentar non fai falta que condee a lexítimade da loita a armada é que as armas cén soas ó ver tan lamentábel estampa de baixada de pantalóns ....non importan xa os votos ou os concelleiros que poidan sacar , u-lo a dignidade brutal de parlamentario con sudadeira azul e sacos de cal na man arrebolandolle o branco elemento no escano de Atucha? moi posibelmente moit@s dos que chantades o vosos ollos nistes regos escritos tamén estades niste intres de amargura cun no na gorxa de tritura inmensa. É por elo que seguindo a simetría politico-baloncestísca vennos irremediablemente á memoria outro espectacular grupo con desconcertante nome que recorda a un xogador de cor chegado da NBA e que militou no Real Madrid , Lin Ton Taun , impresionates grupo de Zestoa da escudería Osan Ozenki da década do 90 revolucionou o panorama cunha potentísima e contemporanea mistura de tradición co potente rock que se destila nas terras bascas, foi unha auténtica sensación no momento que influenciou incluso a grupos galegos ( afirmación con coñecemento de causa ) que trancendeu internacionalemente utilzando o Euskera plasmada por exemplo nunha impactante entrevista no suplemento tentaciones de El Páis . Nun intre dado , a tontería entrou pola porta do ensaio e da noite a mañá comezaron a cantar en español e producir discos con edición doble euskera-español , se a Nación Reixa lle saíu o tiro pola culata cando fixeran o dito sexa de paso impresionate disco "Alivio Rápido " que no segundo aínda mellor "Safari Mental" xa se dixaron disa doble cara ós Lin Ton Taun isa xogada foi a decapitación absoluta da súa ate entón extraordianria proposta . Mentras escoitades unha das xoias en directo dos xenuinos Lin Ton Taun podemos ir reservando sitio na parada obrigatoria dos Tachenko cando veñen á Galiza que segundo nos transmite Sebas na súa crónica de ruta é no Churrasco de Ouro da Gudiña, Abdul Solveira di...Churrasco para todos unha vez ó ano , estamos en guerra pero hai que reflexionar!!