Donnerstag, Januar 27, 2011
TOTÓ , TOMA LO TUYO!!
Ir escoitando no carro o programa da mañá en radio 3 e que anuncién que van estrear un single de vinilo e o inutil que fai as veces de técnico ó outro lado da peceira non saiba por as revolucións axeitadas e cando se percata , no medio da canción , o disco comece a chimpar porque ten a agulla fodida , é un síntoma evidente de que o que está acontecendo en paises irmàns coma Iemen ten que chegar xa aquí sen tardar moito. Iso é o que nos chega dende as ondas da radio da metrópole colonial española mais nada compàrábel coa terríbel visión de Lobezno acariñando ó peluche Toto , "Música, palabra, teatro, cantigas tradicionais e moitos xogos. Eses son os contidos dos Axóuxeres, o programa desenvolvido pola secretaría xeral de Política Lingüística para incorporar o galego á comunicación entre as familias e os bebés. O responsable do departamento, Anxo Lorenzo, presentou onte en Compostela a nova programación, que comezará o 30 de xaneiro e que se prolongará ata o 20 de marzo. Fíxoo acompañado de Totó, o boneco protagonista dos Axóuxeres; do actor Xosé Manuel Olveira, Pico, que interpreta o papel de Avó." Mentras Pico, amansa ás feras ante o descalabro presupostario da próxima eidicón dos premios do teatro , xoga cun boneco tinxido de sangue e rencor cara ó dioma galego,. unha trampa na que o outrora grande referente da escena galega Pico, hoxe simplemente un títere máis no estecoleiro institucional , deixase engulir sen remedio. Mais non é o único ataque frontal dende o governo á nosa dignidade xa que dende a consellería de política linguistica poñen en marcha o Cantamúsica, outro enxendro intolerábel de obradoiros e merdas .... membros dista non redacción estamos pensando en secuestrar a Toto e darllo ó can saído do seleccionador galego de billarda para que lle déa o seu...veña Toto, toma lo tuyo!!