Dienstag, Juni 15, 2010

Ji Yun Nam ABRE AS PORTAS CARA A UN MOI POSÍBEL AMENCER VERMELLO EN SUDÁFRICA E NAS TERRAS GALAICAS!!


A selección brasileira despois dun primeiro tempo de incertdume tivo que pisar o acelarador ó fondo para rachar por dúas veces o ferreo cerco que a podeorosa e militante República Democrática Popular de Corea do Norte teceu sobre o terreo de xogo de Xohanesburgo . Maicon e Elano polos canarinhos e nun trepidante final de partido, Ji Yun Nam , para a nosa amada e idolatrada Auténtica Vermella fixeron os goles que marcaron o debú , 44 anos despois do seu estreo nun mundial, para unha semente chollima que medra imparábel no noso país.


Impresionante e inaudito exitazo das quedadas de apoio á selección de Corea do Norte que en compostela reuníu a máis de medio cento de siareir@s e no norte galaico reuníu a máis dunha ducia de houligans norcoreáns no Nevada de Ribadeo, as bágoas brotaron no cántico do himno coma Jong Tae-Se ó inicio do partido e a forza e a ilusión brutal brotan xa do peito para afrontar os dous novos desafíos fronte a Portugal e Costa de Marfil para conseguir o pase de rolda , que pese ós horairos e as retransmisións codificadas podemos xa anunciar que a paixón nas terras galaicas está tan desatada que xa se están organizando as quedadas para realizar un ou varios xantares de irmandade co povo da República Democrática Popular de Corea do Norte para seguir o seu próximo embite fronte a Portugal. Atentos ás pantallas porque dende Radio Pyonyand-Galaica seguiremos informando:::

CHEGOU O DÍA.....OS SIAREIR@S GALAICOS DA CHOLLIMA INVADIRÁN ISTE SERÁN AS TASKAS DO PAÍS PARA SEGUIR E APOIAR O DEBÚ DA AUTÉNTICA VERMELLA!!


Galiza amance inundada de carraxe chollima , son centos os siareiros galaicos da selección da República Popular de Korea do Norte que iste serán se organizan en todo o país para seguir e apoiar de xeito intenso á máis digna e firme de toda cantas seleccións compiten en Sudáfrica. A forza galega alíase co xogo e a filosofía vida da avanzada sociedade NorKoreá que iste martes contra Brasil e co empurre da afección chollima galaica vai tentar realizar o seu primeiro ensaio nuclear en chan africano:

Bar Cabaleiros en Lourenzá , A Cova Céltica e Bar Faluya na Coruña , Bar O Cruceiro no Concello do Pino , C.S Madia-Leva en Lugo, O C.S Almuinha de Marín ( seguirase por radio-pyongyang xa que non hai televisión ), O Caranguexo en Moaña , O Cabaliño en Mos, C.S Faisca en Vigo , O Valeco en Mondoñedo , O Xa Chegou e o Trafalgar en Compostela e o Nevada de Ribadeo donde foi sacada ista espectacular foto cun dos siareiros galaicos da chollima anuciando fronte ó bar a multudinaria quedada para iste martes, facer chegar o poderoso alento galaico á Auténtica vermella. Tamén chamamos ás células improvisadas de apoio chollima xa que se estás de viños onde poñan o encontro alí tes que estar apoiando cada xogada , insultando e increpando ó árbitro cando pite calquera cousa contra os intereses da auténtica vermella e facéndote notar sobre todo se sabes que no local hai afeccionados da "roja" , mais temos o hándicap que no noso grupo están dúas seleccións lusófonas e unha terceira da África negra, polo que a xente pode ir pola Auténtica mais non en contra das outras. De tódolos xeitos agardemos que pasen á segunda rolda, onde nos atoparemos con España, e entón si que vai a haber hostias por conseguir un oco nas tascas.... adiante a furia chollima!!