Dienstag, Juni 15, 2010
CHEGOU O DÍA.....OS SIAREIR@S GALAICOS DA CHOLLIMA INVADIRÁN ISTE SERÁN AS TASKAS DO PAÍS PARA SEGUIR E APOIAR O DEBÚ DA AUTÉNTICA VERMELLA!!
Galiza amance inundada de carraxe chollima , son centos os siareiros galaicos da selección da República Popular de Korea do Norte que iste serán se organizan en todo o país para seguir e apoiar de xeito intenso á máis digna e firme de toda cantas seleccións compiten en Sudáfrica. A forza galega alíase co xogo e a filosofía vida da avanzada sociedade NorKoreá que iste martes contra Brasil e co empurre da afección chollima galaica vai tentar realizar o seu primeiro ensaio nuclear en chan africano:
Bar Cabaleiros en Lourenzá , A Cova Céltica e Bar Faluya na Coruña , Bar O Cruceiro no Concello do Pino , C.S Madia-Leva en Lugo, O C.S Almuinha de Marín ( seguirase por radio-pyongyang xa que non hai televisión ), O Caranguexo en Moaña , O Cabaliño en Mos, C.S Faisca en Vigo , O Valeco en Mondoñedo , O Xa Chegou e o Trafalgar en Compostela e o Nevada de Ribadeo donde foi sacada ista espectacular foto cun dos siareiros galaicos da chollima anuciando fronte ó bar a multudinaria quedada para iste martes, facer chegar o poderoso alento galaico á Auténtica vermella. Tamén chamamos ás células improvisadas de apoio chollima xa que se estás de viños onde poñan o encontro alí tes que estar apoiando cada xogada , insultando e increpando ó árbitro cando pite calquera cousa contra os intereses da auténtica vermella e facéndote notar sobre todo se sabes que no local hai afeccionados da "roja" , mais temos o hándicap que no noso grupo están dúas seleccións lusófonas e unha terceira da África negra, polo que a xente pode ir pola Auténtica mais non en contra das outras. De tódolos xeitos agardemos que pasen á segunda rolda, onde nos atoparemos con España, e entón si que vai a haber hostias por conseguir un oco nas tascas.... adiante a furia chollima!!