Fai uns días fixo tremer os falsos cimentos da paz entre bloques e activou sen pestanexar as alarmas cara unha nova guerra fría antesala dunha posible e tan desexada guerra nuclear....hoxe , en exclusiva mundial e grazas ó rastrexador dixital de Sak o gran lider olla tamén cara nós dende a súa privilexiada gateira dixital de Pyongyang.
Obama no centro , Putin, Zapatero, Angela Merkel, Cristina Fernández de Kirchner, Berlusconi....así denomina o gran Lider ás sua larada de cochos , ó igual que nas cortes galegas cando istas se masificaron os porcos e vacas recibían os nomes de concursantes de gran hermano e de operación triunfo, para o gran presidente Kim Jong-Il os peóns da orde mundial capitalista son ises monicreques que bailan e se moven ó seu ritmo , todos algún día serán expulsados pola audiencia e terán que abandoar a casa ...mais o gran lider é perpétuo!!
Xatos e vacas de pura raza nor-coreana alimentados para avastecer un povo guerreiro , aquí non hai piensos nen ciclistas que poidan acusar de estar dopados por unha costilleta intoxicada de clembuterol....a nosa única droga é a pureza do férreo e alegre sistema de resistencia norcoreanao!!
O traveseiro , Radio Oceánica, toda a actualidade e clasificación da LNB e ista non redacción de ZIMMER103 son os grandes referentes do gran lider cando saca a cara pola gateira para ollar cousas galaicas, é por elo que a presión é máxima....se algún día deixamos de emitir calquera distes medios será sen dubida porque o gran Lider nos fichou para incorporarnos ó seu equipo de tecno-redactores , amado lider saiba vostede que son centos os dedos galaicos os que están desexando pulsar istas teclas, as dos computadores e as do arsenal atómico para acabar dunha puta vez por todas con toda ista miseria global do capitalismo salvaxe.....a forza e empurre galaico ó servicio do gran lider para formar as wiki-galaicoNorkoreanoleaks xa!!