Mittwoch, Dezember 22, 2010

O QUEBRACABEZAS GALAICO DE IDENTIDADE, HUMOR E ABRAIO POLO MUNDO ÁRABE!!

O pasado domingo confirmaba Sak na súa nave sonora de Radio Oceánica que o Sonar-Gz voltaría a reeditarse no verán do vindeiro 2011 , unha nova moi positiva para a indi-electrónica galaica , nome que utiliza Montse Dopico para ilustrar un non-movemento de bandas e proxectos musicais que teñen a electrónica e o galego como punto de partida , no espectacular e ilustrativo artigo-entrevista sobre Exilio Interior publicado en Galicia Hoxe. En realidade naide do non-movemento vai quedar de brazos cruzados esperando que o Sonar chame á súa porta, todos sabemos que hai cabozos no país e no mundo suficientes para que o non-movemento se espalle por si mesmo . Ista ilustrativa viaxe ó interior do campo de refuxiados ven a complementar a espectacular analítica sonora realizada polo doutor Sak na súa clinica de bioritmos galaicos e internacionais chamada Radio Oceánica ....se estabas pensando iste Natal en matar alguén ou desexando sorprenser ós teus convidados co menú especial para muyahidins galaicos que se serve no Gz-Kebab no quebratesta que é Exilio Interior podes atopar isas coordenadas sanguento-gastronómicas que guien a túa viaxe coas bolsas repletas de carne fresca cara ós contenedores do lixo, o dito...Mata que libras!!