Montag, Oktober 18, 2010

RADIOCEÁNICA>> UNHA BRUTAL HORA DE INTENSA AUTOPSIA SONORA DE EXILIO INTERIOR!!


Iste pasado domingo o doutor Sak dirixíu na famosa e respeitada clínica internacional de sonoridades coñecida coma Radio Oceánica, unha espeluznante e histórica autopsia sonora de case unha hora de duración ó novo e aínda quente cadáver-EP que ZIMMER103 arrebolou para fertilizar de sitares e berros a murcha terra galaica. Trebellos de experto ciruxán anatómico e alento indixenista entrecruzándose para inxertar coitelos de cordura nista desconcertante acción sonora chamada Exilio Interior, en breves intres poderás descargalo en formato podcast dende o web da clínica sonora , se non podes sosportar o intenso cheiro xa á túa disposición no web da RGM>> isto non o fai ningunha persona estudiada, isto nace na persona, lévase no cerebro e na sangre....Radioceánica, exilio interior!!