Dienstag, Juni 08, 2010

Jong Tae-se " O Rooney do Povo " PROMETE Á AFECCIÓN NORKOREANA E GALAICA 1 GOL POR PARTIDO!!


Foi por o pé en Sudáfrica e a gran selección de Korea do Norte facer tremer ós cimentos do sistema capitalista que sustenta os entremadados do futbol actual. 14 feridos sen sequera saltar ó terreo de xogo é a carta de presentación da selección adestrada por un seleccionador que desafiou na súa convocatoria calquer orde táctico chamando un dianterio no canto dun terceiro porteiro, naturalmente o feixismo instalado na FiFa vai impedirlle ó dianteiro xogar como tal e abrigatoriamente terá que xogar de porteiro. Dende ista non redacción instamos ó grande seleccionador Kim Jong-Hun, que no primeiro partido alinee xa ó dianteiro-porteiro para potenciar isa xogo de ataque brutal que A Auténtica Vermella promete a tódolos seus houligans galaicos e norkoreanos. "Manteño a miña promesa de marcar un gol por partido. No noso grupo pasarán Corea do Norte e Brasil", pronosticou Jong Tae-se, cuxo pronóstico deixa eliminadas a Portugal e Costa de Marfil. O dianteiro é coñecido pola prensa asiática como o 'Rooney do povo' dende que o dianteiro inglés pronosticará o pase a oitavos do equipo asiático. Pase obrigado polo espectacular análise da actualidade da Auténtica Vermella que fai o comandante Traveseiro, dende a lista de convocados ate a marca elixida polo exercito norkoreán para loitar ate morte en sudáfrica pasando claro está pola explosiva rede de quedadas en taskas galaicas para apoiar a Korea do Norte que vai facer trocar o visionado dun mundial na terra mae, e atención porque hai feixes de peticións de banners dende os blogs do eixo do mal para poder apoiar tamén as kedada nos seus espazos dixitais, Apuntate á Auténtica Vermela e bótalle unha man ó pescozo ó capitalismo salvaxe currandote o banner de apoio ás kedadas!!